Monte de pouca elevación
Etimoloxía
Vocábulo que nos remite ao latino monticellum de significado semellante.
Exemplos *
“Era fácil imaxinar que nas súas orixes a igrexa fora erixida na cima dun montecelo. Dende a súa portada, o dragón de pedra tería unha inmellorable perspectiva da contorna... Na Idade Media, seguro.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)
“...un muíño, unha encosta e un montecelo, un castelo en ruínas no seu cume e pantasmas que corren a poboalo, e, ao pé do montecelo, unha devesa cunha fresca sombra e unha fontiña onde os paxaros forman coro e cantan dirixidos pola man do vento.” (M. Lourenzo González: Noites de papel, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.