Propio do monte ou das zonas de alta montaña
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o termo “monte” que vén do equivalente latino mons, montis ‘monte’.
Exemplos *
“Deulle por pensar na liberdade dos camiños montesíos feitos polas pasadas dos homes e bestas, medio perdidos entre as brañas e toxos; nas bouzas de xestas e felgos.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)
“Don Quinciano viña da parte de León, das terras montesías, fronteiras coas luguesas.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / A historia de don Quinciano, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


