Vento periódico, propio da Asia meridional, que no inverno sopra do continente en dirección ao mar e no verán do mar en dirección á terra
Etimoloxía
Voz de orixe portuguesa monção, esta lévanos ao árabe mawsam, e do clásico mawsim 'tempada'.
Exemplos *
“En poucos meses, a maior ameaza para os rohingyas non será a persecución birmana, senón as tormentas. Nesta época, o monzón e os ciclóns darán ao traste cuns refuxios precarios, provocarán movementos de terra e os campamentos encheranse de barro.” (Jairo Vargas: Luzes, 21, 6-2018)
“É a propia xeografía a que condiciona estes ventos monzóns, que non se dan no Atlántico nin no Pacífico os outros grandes océanos, que si se abren aos mares polares, árticos e austrais, senón exclusivamente neste océano Índico, pechado no norte polo continente asiático.” (Xavier Queipo: Cincuenta e cinco, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


