moqueira

Secreción abundante de moco

Etimoloxía

Termo que deriva do substantivo “moco” que procede do latín muccu de significado análogo.

Exemplos *

“Do nariz taponado pingaba a moqueira e cada día sentía menos o cheiro do viño e cada día infeccionábaseme máis o sangue e volvía a febre e Caermoine pálida adelgazaba e ensumía ata virar nunha liña, e aplanábase ata ser transparente e tiña só dúas dimensións e cunha moi delgada voz coma a dun grilo.” (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul, 1991)

“Sigo tendo calafríos e unha moqueira que non dou abasto a limpar, pero iso, ó menos aparentemente, é todo. Pensei que non tiña motivos para irme á cama, sobre todo porque desa maneira asustaría ós avós, de xeito que fun lava-la cara e a funga-los mocos.” (Xavier López Rodríguez: Días de desterro, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.