morada

Casa onde se habita, lugar onde se vive

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín medieval *morata que vén do verbo morare ‘morar’, ‘vivir con’.

Exemplos *

“O capitán Pedro de Soutomaior foi o encargado de ir ata a morada da fermosa nobre de Aldán, unha casa que coñecía por tela visitado cos seus pais e con outros membros da nobreza.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“Un movemento social que, para alén de defender o dereito á vivenda nas rúas, empresta apoio –mesmo xurídico– ás persoas en risco de perderen a súa morada .” (Olalla Rodil: Sermos Galicia, 30-10-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.