morcego

Mamífero voador con ás formadas por unha membrana entre as extremidades superiores, as inferiores e a cola.

Etimoloxía

Formouse ao combinar o nome latino do rato, mus, muris, co adxectivo caecus, -a, -um 'cego'.

Exemplos *

"… sempre cheiraba a balor e a humidade, e a mexos de gatos, e a cacas de rato, e a niño de morcego, e a medo, e a tempos idos …" (Teresa Moure: Herba moura)

"Temían moi especialmente a inclinación das vellas do barrio a disimular detrás dunha reixa, pegadas á folla dunha fiestra ou dunha porta, quedas como a morte, capaces de escoitar ata o voo dun morcego." (Xosé Cid Cabido: Días contados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.