morcilla

Embutido feito coa tripa grosa de porco, que se enche cunha mestura composta por sangue do mesmo animal, fariña, azucre, uvas pasas e algún outro ingrediente

Etimoloxía

Vocábulo de orixe incerta, crese que podería relacionarse co termo*murcella, ao mellor, prerromano e relacionado co vasco mukurra ‘obxecto avultado’ ou co céltico mukorno ‘toco’.

Exemplos *

“Un bo xamón, queixo de tetiña, morcilla de uvas pasas, castañas asadas e filloas de sangue, un magnífico xantar digno da máis excelente celebración.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

“Afastou unha boa serie de untuosos chourizos e preparou para entrante uns anacos de morcilla feita por ela mesma, tanto da branca como da negra.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.