mormeira

Catarro nasal

Etimoloxía

Vocábulo que deriva de “mormo” que é unha ‘enfermidade equina que lle afecta á mucosa nasal’ e que vén do latín morbus ‘doenza’.

Exemplos *

“O empresario espirrou varias veces seguidas pola mormeira que collera fuxindo dun brañal que irremisibelmente subira de nivel para illarse, quizais para sempre.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

“Zuga que zuga o limón, vitamina C, cítrico hixiénico e preventivo de calquera tipo de mormeira. Podía tomar mel.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.