Parte da cara de certos mamíferos onde está a boca e as ventas
Etimoloxía
Vocábulo de orixe incerta, crese que podería vir dunha voz onomatopeica *murr-.
Exemplos *
“Cando está cocida, botarlle un puñado de fabas, o repolo, as patacas (moi picadas), e as augas das carnes (chourizos, carne de tenreira, costela, touciño, morro, orellas e polo, que se coceron á parte ).” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia, 1994)
“Ollou os pasadores da porta, o caixón dos cartos; a bandexa no mostrador coas orellas salgadas, o rabo, as patas, o morro, o unto.” (Xurxo Borrazás: Contos malvados, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.