morruncho

Molusco da clase dos bivalvos, semellante á ostra, pero de menor calidade, coas valvas desiguais e a cuncha esculpida con regos concéntricos e liñas irregulares, de cor marrón clara, que vive a pouca profundidade e do que existen diversas especies

Etimoloxía

De orixe incerta, crese que se orixina na semellanza do ápice da cuncha co morro dun animal.

Exemplos *

“Trátase dun tipo de ostra de menor calidade coñecida comunmente por morruncho, ostra borda ou ostión.” (Rosa Ramonell: Guía dos mariscos de Galicia, 1985)

“Hai ostras e hai morrunchos, e pode sere que nalgúns morrunchos, comidos —iba decir, bebidos— en Bueu ou en Noia, en Corcubión ou en Cedeira, esté en meirande intensidade esa profunda misturación mariña que é a groria sabrosa das ostras.” (Álvaro Cunqueiro: A cociña galega, 1973)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí