mortadela

Embutido feito fundamentalmente con carne de porco ou de becerro e touciño e que presenta ao corte unha cor rosada con pintas brancas.

Etimoloxía

Adaptación dunha palabra que procede do italiano mortadella, de significado semellante.

Exemplos *

“Cando menos o agardaba, un inofensivo bocadillo de mortadela acabou resultando devastador para o meu equilibrio gástrico, e agora teño o estómago inundado con dúas mentas-poexo que espero resulten reparadoras.” (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria, 2007)

“O invariable infortunio repetido no sol que esperta co galo e morre cada tarde alleo ao sufrir dos que non teñen máis que un anaco de pan e mortadela para sortear a fame.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.