mortalidade

Proporción entre o número de individuos que morren no seo dunha poboación e o número de membros que a forman, nun tempo determinado.

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín mortalitas, -atis co significado de 'condición do que está suxeito a morte' ou 'mortalidade’.

Exemplos *

“A pauta demográfica nos países con certo nivel de desenvolvemento é a de diminuí-las taxas de natalidade a medida que diminúen as taxas de mortalidade para que non se dispare o seu crecemento demográfico.” (María del Carmen Guisán Seijas: Revista Galega de Economía / Educación, emprego e poboación de Galicia, 2000)

“A obesidade ten o problema de que se asocia cun incremento da mortalidade por accidentes cardíacos, ademais de derivar en diabetes de tipo II, que é perigosa e custosa para a sanidade.” (Verónica Núñez: De Luns a Venres, 30-01-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.