Cada unha das porcións en que se retalla unha horta para plantar unha determinada clase de hortalizas
Etimoloxía
De orixe incerta nesta acepción.
Exemplos *
“Ir buscar a auga era facer o rego. Comezábase perto das casas, onde se cibaba o rego no que entraba pola cima do lugar e no que levaba a auga para as nabeiras, hortas e morteiros do fondo.” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coa vacas/ A auga da rega desaparece en cinco anos, 2000)
“Os grandes e innumerables grupos de cangrexas están polo fondo do mar da mesma maneira cós morteiros de coles polas hortas dos nosos terreos.” (Xavier Rodríguez Vergara)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.