morto -a

Sen vida.

Etimoloxía

Vén da forma case idéntica do latín mortuus –a –um.

Exemplos *

“Cando mirei para o Zalo gañei medo. Sangraba por todas partes e comíano as moscas. Estaba como morto. Non falaba. O Rata e os outros fuxiron. Eu tamén fuxín.” (Carlos Casares: Vento ferido)

“Apareceu morto dun tiro na cabeza. Agora xa pasou. É mellor calar. Tamén calou o médico cando lle levaron o fillo. Sonche cousas da vida e dos homes, que somo coma lobos uns para os outros ...” (Carlos Casares: Vento ferido)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.