moscatel

Viño elaborado con esta uva / Variedade de uva branca de sabor moi doce

Etimoloxía

Adaptación do equivalente catalán moscatell ‘de olor de almiscre’.

Exemplos *

“¿Queredes tomar algo? _preguntou a señora do pelo branco á nai_. ¿Os nenos, han querer beber algo? ¿Un mosto?, ¿un refresco? _e mostroulles unhas botellas medio baleiras de refresco xunto con outra de moscatel, sidra e o que parecía ser zume de uva.” (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza/ Unha excursión inesperada, 1988)

“O taberneiro apareceu cunha botella de moscatel e pregounos cun acerto suave das mans que baixasemos a voz, porque a súa neta agonizaba no sobrado, presa das tifoideas.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.