Zume de uvas, antes de acabar a súa fermentación.
Etimoloxía
Chegou da forma latina mustum –i.
Exemplos *
“Tomabamos o aperitivo decote no mesmo bar e alí nos plantamos un sábado ás dúas, coma sempre. Meu pai pedira un vermú seco e un mosto para min.” (Xosé Cermeño: Os nervios da cabeza)
“De cando en vez regaba a enxoita gorxa cun deleitoso mosto que o campesiño lle ofrecera.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.