Vehículo de tres rodas, con motor, que serve para transportar cargas lixeiras.
Etimoloxía
Formouse a partir dos elementos moto ‘motor’ e carro, do latín carrus –i, de orixe gala.
Exemplos *
“... dirixiuse ó Campo da Leña, onde xa non había os carros de piñas e pitelas que el levaba no maxín, senón sacos de carbón amoreados en camionetas e motocarros.” (Bieito Iglesias: Vento de seda)
“... onde chegaban os carros de vacas cargados con paus de toxo, que se cortaban cunha circular e logo se vendían no establecemento ou se repartían cun motocarro.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.