Nativo do norte de África.
Etimoloxía
Este vocábulo herdámolo do latín mauri, –orum onde designaba os habitantes de Mauritania.
Exemplos *
"Nunca boca de mouro debeu dar tantos vivas á fraternidade cristiá!" (Cándido Pazó: Binomio de Newton / García)
"Predominan en Galicia tipos orixinarios máis ou menos puros: celtas, iberos, e xermánicos; e en menor medida, xudeus ou mouros." (Olivia Rodríguez González: Estética e teoría da cultura en Vicente Risco)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


