moviola

Aparello de proxección que permite deter e pasar para adiante ou para atrás, á velocidade desexada, unha película, e que se utiliza nos procesos de montaxe en cine ou televisión

Etimoloxía

Palabra que vén do inglés moviola que era unha marca comercial.

Exemplos *

“Por unha banda temos o regreso á montaxe por parte de Warhol, aínda que unha montaxe peculiar, non de moviola senón feita na cámara, típica do cinema sonoro e en cor do cineasta.” (Alberte Pagán: A mirada impasíbel. As películas de Andy Warhol, 2007)

“Necesitabamos comentar o día despois, as xogadas da moviola, criticar o árbitro sen a sensación de que algún inglés nos mirara raro... (María Sabarís: “Un derbi na diáspora”, Nós Diario, 24-10-2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.