mozo, -a

Que xa supera a infancia pero aínda non chegou á idade adulta / Que ten menos anos ca outra con quen se compara

Etimoloxía

Crese que a orixe da palabra probablemente está na latina mutilum ‘rapado’.

Exemplos *

“Pregúntalle ao chofer se, do seu tempo de mozo, se lembra de Ada, e el responde que claro, que quen vai esquecer unha muller así.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)

“O soño de tres mozas de Santiago para mellorar a educación nos países do Terceiro Mundo segue a dar pasos cara adiante.” (José Luis Estévez: GCiencia. O portal da ciencia galega, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.