muiñada

Reunión que facían os mozos e mozas no muíño mentres esperaban a quenda da moenda

Etimoloxía

Palabra procedente do verbo “muiñar” que, á súa vez, fórmase sobre “muíño” que vén do latín molinu de significado semellante

Exemplos *

“As muiñadas acababan moi tarde, con algúns encontros amorosos furtivos entre as sacas de gran do almacén, coa augardente e o viño propiciando a festa, coas mulleres de máis idade exercendo de pícaras casamenteiras e cos demais asistentes atendendo aos que coñecían historias.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“A mágoa que lle produce o ver tantos muíños convertidos en masa informe de pedra, de ver a moega baleira de cereal, do silencio do rodicio e do inquedo tarabelo que non refolgaba espelindo a cangalleira, da mantenza que os muíños supoñían, das alegres xuntanzas das muiñadas.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí