muiñeira

Danza tradicional galega, con diversos puntos, que executan unha ou máis parellas soltas.

Etimoloxía

Deriva de muíño, tomado do latín (saxum) molinum ‘moa’.

Exemplos *

“Eu non entendo o nacionalismo como negarlles nada ós outros, nin pensar que a gaita é o mellor instrumento do mundo e a muiñeira a mellor danza …” (Miguel Vázquez Freire: Anxos en tempo de chuvia)

“… o home que levantaba paixóns, que falaba co corpo todo, bailador garrido, facendo puntos de muiñeira.” (Xurxo Souto: Tempos Novos 02-1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.