Persoa que traballa nun muíño
Etimoloxía
Palabra que se crea tomando como base “muíño” que vén do latín tardío molinu de significado semellante.
Exemplos *
“Meus queridos amiguiños, chegou o momento de falar da produción, da figura do produtor discográfico, unha profesión hoxe tan estraña para nós como o poidan ser a dos muiñeiros, a dos telleiros, ou a de monstro do lago Ness, que todos din que existe, mais ninguén tivo nunca o gusto de lle pagar unha ronda .” (Pedro Feijoo Barreiro: ¡Viva o fu remol! Ópera en cinco actos sobre a música ó pé da rúa, 2005)
“Na rúa do Peso da Fariña houbo corte con casa de muiñeiro, e nunca ao revés, porque a corte era a meirande e capaz de dar cabida a catro burros pedreses da orella cansada, con presebe cara á postura do sol, e dous mulos altos para facer as viaxatas á terra do millo e do centeo.” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.