Animal de carga de sexo femia, que nace do cruzamento entre un cabalo e unha burra ou entre unha egua e un burro
Etimoloxía
Voz que procede da forma feminina mula do vocábulo latino mulus de significado semellante ao actual
Exemplos *
“Tódolos curas, miniña, / todos gastan boa capa, / bo sombreiro, boa mula, / bo gabán, boa casaca.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885. Recopilación, estudio e edición crítica. Vol. II, 1992)
“Arrieiriño Vicente / deixa descansa-las mulas, / tamén os mais arrieiros / deixan descansa-las súas.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego, I Oficios e labores, 1984)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


