Característica do individuo ou da poboación que domina varias linguas
Etimoloxía
O termo está formado polo prefixo latino multi- que indica ‘moitos’ que se engade a unha base latina lingua ‘linguaxe ou lingua’, á que se engade o sufixo –ismo, de base grega, inda que chega a nós a través do equivalente latino –ismus.
Exemplos *
“O criterio de multilingüismo seguiuse aplicando nas sucesivas ampliacións de xeito que hoxe Bruxelas recoñece 11 linguas oficiais, facendo esforzos como o que supuxo incluí-lo grego, o único cunha grafía non latina.” (AFA: O Correo Galego, 27-10-2001)
“Unha gran maioría de países expresaron o seu apoio ao multilingüismo como ponte para conectar cos cidadáns e mostraron comprensión cara aos intereses de España.” (AA.VV.: Nós Diario, 15-9-2023)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


