mundial

Competición deportiva na que as distintas seleccións nacionais se disputan o título de campión do mundo

Etimoloxía

A orixe desta voz está no latín tardío mundiālis.

Exemplos *

“Mentres o goberno de Dilma Rousseff se esforza en dicir que será "o mundial dos mundiais", os números arrepían: segundo datos oficiais, máis da metade das obras para transportes e mobilidade urbana non chegarán a tempo.” (Arturo Lezcano: Luzes, 9, 5-2014)

“...pór letra ó himno nacional é cousa de envexas. Envexa por ver nos mundiais de fútbol como os franceses _man en peito e bágoa en ollo_, desafinan (...) a súa simbólica melodía, unha melodía con historia, e con letra.” (Sara Barreiro: O Correo Galego, 16-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.