Muro alto e groso.
Etimoloxía
Tomouse do italiano muraglia, e este do latín muralia, derivado de murus –i ‘parede’.
Exemplos *
“Cando chegaron a Lugo, aparcaron preto da muralla romana que circunda o casco antigo da cidade.” (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto)
“... pensou que estaba en Lugo, a cidade do Sacramento e da muralla bimilenaria, do Círculo das Artes e da rúa da Raíña -o fermoso paseo-, do lacón con grelos e do polbo con cachelos...” (Carlos G. Reigosa: Narcos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.