murar

Axexar o gato os ratos para cazalos

Etimoloxía

A palabra remite ao latín mus, muris ’rato’ que é a base sobre a que se forma o verbo mediante o sufixo -ar.

Exemplos *

“Logo, ó longo das singraduras, entretíñase a gata en pillar paxaros, perseguíndoos por tras das escotillas ou en murar ratos polas sentinas máis fondas e sinistras, sentíndose sempre observada, gozando niso, desfrutando tamén ela do espectáculo do seu labor de caza.” (Alfredo Conde: Sempre me matan, 1995)

“O problema xurdiu ca Moura: naide se quería facer reo dela. Alí dunha vida ó servicio dunha casa e dos seus donos, de traer ó mundo non sei cantas camadas de fillos, de murar centos e centos de ratois, e de pasar unha e mil calamidais, agora pretendían deixa-la no camín, como un pelexo vello.” (Aquilino Poncelas Abella: O mestre púxose louco, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.