Facerlle perder a un vexetal, flor, froito etc. a humidade e a frescura e facelo secar
Etimoloxía
Termo que se crea sobre “murcho” que se cre que procede do latín vulgar *murcidus ‘húmido’.
Exemplos *
“En terra xa había que murcharan os primeiros narcisos. Ventaba do nordés. Moito. E amenceu azul. Azul e frío. Sobre a herba, os narcisos serodios que aínda quedasen, serían moito máis dourados.” (Alfredo Conde: María da Batallas, 2007)
“E por outra banda, con esta calor logo vai murchar. Xa non está tan fresca coma cando a trouxemos.” (Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36, 1991)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.