Ruído pouco intenso, como o producido polo movemento das augas, as follas ao seren movidas polo vento, as voces de varias persoas que falan á vez etc.
Etimoloxía
Termo que chega desde o latín murmur, -uris ‘ruído do mar’ ou ‘rumor’.
Exemplos *
“SELECCIONA agora, ¿que silencios? cando todo é murmurio, // un bebelleo de cousas elásticas que nos traspasan // e forzan.” (Xela Arias: Intempériome, 2003)
“Agora penso que quizais aquela praciña recóndita e case de escenario teatral, compoñía co murmurio da fonte, co ceo e coas nubes recortadas dentro dos marcos verdes das ventás, un espazo íntimo para acompañar a súa vida solitaria.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Mademoiselle Basilise, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


