Xogo no que se utiliza a baralla española de corenta cartas e se realizan envites entre dúas parellas de xogadores que se comunican por sinais
Etimoloxía
Palabra do éuscaro que bebe do francés mouche 'mosca'.
Exemplos *
“O Roxo tamén se meteu no mundo da hostalería, traballa no pub. Ás veces quedamos polas tardes e botamos unha partidiña ó mus.” (Pablo Vaamonde: O fillo do emigrante, 2002)
“Si, o asunto das augas era o eixo sobre o que se ía conformando o día, desde a toma mañanceira no manantío á tardiña na igrexa parroquial, pasando polas horas de gancho, chinchón, calceta, dominó, mus e sete e media.” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.