museo

Edificio onde se gardan e se expoñen ao público coleccións de obxectos que presentan un interese histórico, artístico, técnico etc.

Etimoloxía

Palabra que bebe no grego mouseion ‘onde viven as musas’, pero que entrou no idioma desde o latín museum co significado de ‘academia’, ‘biblioteca’ ou ‘museo’.

Exemplos *

“Cortar os fondos das bibliotecas, dos museos, os destinados ás escavacións arqueolóxicas, á conservación dos arquivos do estado, aos conservatorios de música, aos teatros, ás escolas e ás universidades significa cortar as raíces da humanidade.” (Juana Vera: Luzes, 1-2016)

“Como as fábricas de motores alemás foran destruídas na guerra, decidiron colocarlle os motores Rolls-Royce dos Spitfire ingleses. Estiveron en servizo case até os 60, mais hai anos que só quedan uns poucos exemplares nos museos.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.