Arte de combinar os sons harmonicamente seguindo unhas determinadas regras / Sucesión de sons combinados deste xeito
Etimoloxía
Palabra que ten a súa orixe nesta latina musĭca, que, á súa vez, remite á grega mousikḗ ‘o que din as musas’.
Exemplos *
“A música pode ser a explicación das estrelas / en baile magnético polas tebras do espanto, / as tebras vestidas de seda e anseios / secretamente aniñados na nosa matéria.” (Luísa Villalta: Ruído, 1995)
“Almeiro cambia de emisora. Escoita música clásica. Nun tramo de curvas, o seu vehículo é acometido por un todo terreo que o seguía.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.