muxe

Peixe mariño comestible da familia dos muxílidos, do que existen diversas especies, de corpo alongado e máis ben cilíndrico, cor gris azulada polo lombo e prateada polo ventre

Etimoloxía

Denominación que bebe na palabra latina mugile, nome dun peixe.

Exemplos *

“A pescar robalizas e muxes ou a ver pasar as barcazas que á ida ían baldeiras pero volvían cheas de area.” (Vicente Araguas: A canción do verán, 2001)

“O Iria, cheo de robaliza e muxe na bodega, despídese dos baleiros.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.