Cantidade de leite que produce unha vaca dunha vez / Acción de muxir
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre o verbo “muxir” que procede do latín vulgar *mungere de significado semellante.
Exemplos *
“En calquera outra profesión, sendo fin de semana, estarían libres deica o luns. As xornadas son de domingo a domingo e de doce a catorce horas diarias. Botamos unha tempada facendo tres muxiduras e entón era das cinco da mañá ás doce da noite.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)
“Si, os amos sorprendíanse do leite que eu daba. Dous litros en cada muxidura e o que el mamaba!” (Afonse Eiré: Memorias dunha vaca marela, 2018
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.