muxir

Tirarlles o leite do ubre ás femias de certos animais premendo e estirándolles os tetos ou mediante procedementos mecánicos.

Etimoloxía

Procede da forma latina mulgere, que tiña o mesmo significado.

Exemplos *

"… estreaba cada día seu traxe e nunca ía muxir as vacas se antes non se bañaba en auga con sales minerais e poñía gravata." (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela)

"… toda a ansia que ela puña en deixar a cama para ir muxir as vacas ou darlles de comer a porcos, coellos e galiñas, tornábase nel perpetua preguiza." (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos)

 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.