nabal

Leira de nabos

Etimoloxía

Formación sobre “nabo” e este procede do equivalente latino napus.

Exemplos *

“Carmela, que dende o cruceiro ollou a agra chea de xente sementando no nabal, chegou á casa, botoulles un mando de herba seca ás vacas, colleu o enciño e foilles axudar ós do Roque.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)

“A documentación fala delas en xeral, pero aparece claramente individualizado o nabo, aínda que as fontes cítano independentemente e en terreo propio, que se denomina " terreo para nabal ".” (Anselmo López Carreira: Ourense no século XV. Economía e sociedade urbana na Baixa Idade Media, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.