Paxaro da familia dos frinxílidos, coa plumaxe de tons pardos, co peito e a testa encarnados durante a época estival nos machos
Etimoloxía
O nome provén de “nabiña” que significa “semente dos nabos” que se forma sobre “nabo” procedente do latín napum. O nome científico desta especie é Carduelis cannabina.
Exemplos *
“O nabiñeiro come a semente das coias, e dos nabos, comen as sementes, mais chega para todos, ten un papo grande, tiruliruliruliru, agora está chirlando, fai a niñada nas gallas dos castiñeiros.” (Emilio Araúxo: Cinsa do vento. Libro da Ribeira Sacra, 1996)
“Como alegra o nabiñeiro / cediño ó saír o sol!, / entre as follas de alta ponla / cal se estrema o verderol.” (Xoán Manuel Pintos Villar: “Recramo”, Obra poética dispersa de Xoán Manuel Pintos Villar, 1859)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.