nacedoiro

Lugar onde nace un manancial

Etimoloxía

Vocábulo derivado que se forma sobre o verbo “nacer” que nos leva ao latín nascĕre.

Exemplos *

“Daquela contáronvos -proseguiu el- que na alta montaña de Cebret se atopa esa fonte no nacedoiro do río Lours que ten o seu fluxo e refluxo como o mar aínda que estea vinte leguas lonxe del.” (Henrique Harguindey Banet: La Galice, dez séculos de olladas francesas, 2009)

“O río dos Gafos ten o nacedoiro na freguesía de Figueirido, no veciño concello de Vilaboa. Sen nome de seu, o río foise apropiando do celme onomástico das súas ribeiras.” (Carlos Solla: O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos (1745-1970), 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.