nacente

Lugar onde nace un manancial

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “nacer que procede do latín nascere de significado semellante.

Exemplos *

O nacente regaba unha horta vizosa, abrigada do norte e sempre animada polos gaios golosos da froita.” (Bieito Iglesias Araúxo: Ventos de seda, 1992)

“A sobreira disque xa non volveu medrar; os máis vellos da bisbarra recórdana sempre tal como se pode ver hoxe. Dende aquela, o nacente de auga do Meimón coñécese como "A fonte de Ana Manana".” (Euloxio R. Ruibal: A fonte de Ana Manana, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.