nacenza

Acción de nacer, nacemento

Etimoloxía

Voz que procede da latina nacentia de significado semellante.

Exemplos *

“Loureiros, irmáns dos buxos / pola altura i a nacenza, / pois arraigaron a un tempo / no máis profundo da terra.” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)

“Has saber, vulgar xograr, que a mesura é unha norma que obriga a cabaleiros, non a un miserábel vilán coma ti. Entende, pois que, como simple rústico que es, estás libre das ataduras do fin'amors, que por nacenza non che corresponden.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.