Empezar a saír ou a manifestarse, ter principio
Etimoloxía
O vocábulo procede do verbo latino nascere ‘nacer’ ou ‘comezar’.
Exemplos *
“O acto de crear, de facer nacer o relato ou o poema por medio da escrita, ten un aquel de irracional e marabilloso que quizais sirva para explicar a ansia que nos leva a estar horas e horas ante o papel ou a pantalla do ordenador.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)
“Estaba nese punto en que algo novo está por nacer, e o vello non acaba de morrer, non?” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.