nación

Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa.  

Etimoloxía

Procede do latín natio, -onis ‘raza, pobo’, derivado do verbo nasci ‘nacer’.

Exemplos *

“Antolín Faraldo e os seus compañeiros de 1846, que xa a mediados do século XIX pensaban a nación galega en termos de independencia, situaban as aspiracións políticas do galeguismo do momento dentro das esperanzas levantadas polos acontecementos de 1789 …” (Camilo Nogueira Román: Galiza na unión. A porta atlántica)

“Risco pon na súa Teoría do nacionalismo galego os alicerces da oposición entre o campo e a cidade, sobre a que descansa a esencia da nación galega.” (Olivia Rodríguez González: Estética e teoría da cultura en Vicente Risco)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.