nacionalidade

Condición de cidadán dunha nación, que comporta unha serie de dereitos e deberes con respecto a esta.

Etimoloxía

Deriva de nacional, e este de nación, relacionada na orixe co verbo nacer.

Exemplos *

"Ninguén será privado arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambair de nacionalidade." (Santiago González Avión: Abrente incerto. Pobreza, dereitos humanos e desenvolvemento na Galicia de hoxe)

"… un estado que, contra os argumentos da súa propaganda, carece agora de lexitimación democrática ao ter ao millón longo de cidadáns árabes que viven no seu territorio sen dereito de nacionalidade …" (Xan Carballa: A Nosa Terra 2009-01-15)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.