Nadal

Festa que se celebra o vinte e cinco de decembro, na que se conmemora o nacemento de Xesús

Etimoloxía

Vocábulo que bebe na frase latina diem natalem ‘día do nacemento’.

Exemplos *

“A Noiteboa e o día de Nadal pasabámolo na casa. Pero todos os vinte e oito de decembro, día dos Santos Inocentes, colliamos o autobús ou o tren. Un ano iamos á casa dos meus avós maternos e outro á dos pais do meu pai.” (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de resurrección / A derradeira Noite de Reis, 2005)

“Na parede un calendario sinalaba o mes de decembro do ano 1976, mes no que quizais o tempo deixou de alentar naquel lugar axeito do mundo, e Carlos pensou que quizais foi o día de Noiteboa ou de Nadal daquel ano, cando aquela muller decidiu afincar para sempre no mundo das súas lembranzas.” (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.