Punto da esfera celeste diametralmente oposto ao cénit, situado exactamente debaixo do observador
Etimoloxía
Termo da astronomía que vén do árabe clásico naẓīr 'homólogo'.
Exemplos *
“Cada tarde algúns ollos preguntaban polo lugar das aves en agosto, pola causa da luz nos azulexos ou por un raio verde no nadir.” (Eusebio Lorenzo Baleirón: O corpo e as sombras, 1985)
“Situando á persoa que observa os astros como orixe do sistema de referencia, debuxaremos sempre a bóveda celeste orientada de tal xeito que o plano do horizonte fique en horizontal e a liña que une o cénit co nadir do lugar en vertical.” (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas, 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


