Muller, ou femia en xeral, que tivo un ou varios fillos
Etimoloxía
Forma que procede da latina matre que significaba ‘nai’.
Exemplos *
“Tódalas nais serán nais e tódolos fillos fillos / mais / con perdón tamén / difiren as bandeiras e entre si os ríos.” (Xela Arias: Darío a diario, 1996)
“Ás veces, cando estabamos estudando, quedaba ollando para a enciclopedia cunha gran tristura. Lémbrome que miña nai, despois da merenda, recollía con moito aquel a mesa e botaba as contras da ventá e logo deixábaos sós.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / o amigo de meu pai, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.