Caracterizado pola naturalidade, a espontaneidade, o primitivismo e a independencia das tendencias artísticas, e practicado por artistas autodidactas (tipo de arte, especialmente a pintura)
Etimoloxía
Voz que bebe da francesa naïf 'inxenuo’ ou ‘inxenua'.
Exemplos *
“A arte naíf caracterízase pola súa sinxeleza e pola candidez, inxenuidade e espontaneidade das súas figuras; é por iso polo que se relaciona coa arte dos chamados pintores primitivos da Idade Media.” (C. Charamuscas: O Correo Galego, 1-12-2000)
“O contido desta obra 'naíf ' inclúe os óleos e debuxos de Teixeiro, quen actualmente reside en Canadá, acompañados "por un texto creado por el mesmo no que explica cada un dos cadros, o seu contexto, as súas razóns máis profundas..." comenta Bouzas.” (AA.VV.: Galicia Hoxe, 16-2-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.