naipe

Cada unha das cartolinas con forma rectangular e figuras pintadas que compoñen a baralla

Etimoloxía

Pénsase que se toma do catalán naip de significado semellante.

Exemplos *

“Por fin os seus ollos craváronse inevitabelmente en Servando, serio e impávido, que tras recoller do mazo un novo naipe abriu os ollos para lle indicar ao cura que lle entrara o ás de trunfo.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)

“Xa ían sós pola costa de Curro e escoitaban de novo as discusións do xogo de naipes na taberna. E sós chegaron de novo ao momento de partida.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.