Que sente amor por alguén.
Etimoloxía
Deriva de namorar, que remite ao verbo latino amare 'amar'.
Exemplos *
"Eu conteille que aquí lle chamabamos "herba de namorar" e que había a crenza de que, se alguén lla metía no peto a unha persoa sen que se decatase, esa persoa ficaría namorada de quen tal fixera." (Marica Campo: Memoria para Xoana)
"Cinco nomes, parva colleita amatoria, pero ben pode consolarse co exemplo de Stendhal, teórico da ars amandi e romancista especializado na saudade de estar namorado." (Bieito Iglesias: Pan e coitelo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.